domingo, 6 de marzo de 2016

Visita de Ledicia Costas

                                                                   LEDICIA COSTAS

O outro día, foi ao noso cole a escritora: Ledicia Costas: unha escritora sensacional, de media estatura, lista, rubia e guapa.
O que máis me gustou dela e o que respondía cando lle preguntabas algo tiña sentido.
Con ela pasámolo moi ben, rimos moito e gozamos da experiencia. Nós preguntabámoslle algo e ela sabía responder ao segundo, sen inventarse as cousas nin nada, e iso foi unha cousa que me gustou moitísimo dela.
Falando máis das cousas persoais, díxonos que de pequena gustábanlle moito as cousas de medo, coma as pantasmas e iso sorprendeunos moito a todos porque ten a voz moi fráxil, como de nena e non aparentaba que lle gustasen esas cousas. Tamén nos dixo que meteu as receitas no seu libro porque a ela encántalle comer cousas doces e de chocolate, coma os brownies de chocolate, ou os caracois de chocolate…
Creo que esa experiencia encantounos a todos e estaría moi ben poder repetila para o ano que ven.


Escrito por: Roberto 5ºA         




No hay comentarios:

Publicar un comentario