sábado, 10 de junio de 2017

visita do alumnado de 5 anos a nosas aulas.

O alumnado de 5 anos visitounos para contarnos todo o que sabían dos bichos palo.Viñeron en compañía de os trres bichos palo que teñen na súa clase.
A verdade é que foi moi interesante e aprendimos moitas cousas como:
-Que teñen que botar cun exprai auga na xaula para que podan beber
-que si se mollan xa non poden repreducirse
...........


jueves, 25 de mayo de 2017

VI concurso de fotografía creativa en Chans


Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes

Letras galegas 2017: coñecendo a Carlos Casares

O día 9 de maio o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo visitarou a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro.Moitas grazas a todos e todas



O coro das emocións en Santiago


Eva cóntanos a súa experiencia



A Viaxe De Eva


Noemí Collazo Rodríguez 6ºA

O pasado venres día 19 do mes de Maio, a mestra Eva veu á nosa aula a contarnos a súa experiencia no campo de refuxiados e a contestar a todas as nosas preguntas.

Según contou, foi a un campo de refuxiados en Grecia, onde ía moitísimo frío. A maioría do tempo estiveron, ela e máis outras persoas voluntarias, clasificando e empacando roupa e máis roupa. Estaban ata as 17:00h. traballando coa roupa e, a partir desa hora, xa podían saír e comer algo.

Alí antes a xente vivía en tendas de campaña, pero agora viven en containers, que son coma as mini-casas que saen nos programas televisivos, só que nestas vai máis frío. A medida que pasa o tempo a xente vai decorando a súa casa con fotografías e van facendo o que poden cos materiais que atopan por alí. Algúns ata se montan unha pequena cociña de leña e, co pouco que teñen, fan unhas comidas exquisitas.

Os voluntarios tamén móntanse unha pequena tenda de roupa con probadores e todo, para que os refuxiados poidan ir e mercar roupa. Como non teñen cartos, se lles proporciona unha moeda virtual chamada drops. A cada persoa se lle entrega unha cantidade de drops semanal para poder mercar o que precisan.

O máis duro de todo isto é escoitar as historias que conta a xente, todo o sufrimento que han pasado para chegar ata onde chegaron. Hai nenos e nenas que viaxan sós xa que quedaron sen familia e non hai ninguén máis para axudalos que Eva e os seus compañeirose compañeiras voluntarios coma ela.

O máis admirable desta xente é que non teñen medo ao que lles poida suceder mañá ou ao día seguinte, senón que están felices de haber chegado ata alí e de ver que hai xente coma Eva que está disposta a pasar frío e traballar duro para axudarlles a sobrevivir.


Esta xente só é culpable de nacer no lugar equivocado”, é a reflexión de Eva tras toda esta aventura.

martes, 23 de mayo de 2017

Andaina por Bembrive 2017

 
Coma todos  os anos no mes de maio organizamos as andainas pola nosa contorna. Este ano o alumnado de 6º visitou: a Entidade Menor,a igresa románica de Bembrive e a asociación cultural Helios.