O traballo que vaise a expoñer nesta páxina vaise basar nel e terá en conta sobretodo as seguintes funcións básicas:
Funcions básicas para a cooperación no aprendizaxe por parte dos alumnos/as traballando nun pequeno grupo cooperativo |
|
Para conseguilo utlizamos as seguintes dinámicas:
A MALETA.
Cada alumn@ da clase vaise presentando cunha maleta o resto dos seus compañeir@s,nesta maleta levará tres cousas que representen o que máis desfruta facendo.O rematar faremos un esquema gráfico onde cada un de nos anotamos as nosas aficións e tamén podémonos anotar en outras dos nosos compañeir@s que compartimos deste xeito o remate da actividade obsevamos que temos máis cousas en común das que pensabamos.
As nosas impresións sobre a actividade foron as seguntes.
Preme na foto
A PELOTA
Outra das dinámicas que levamos a cabo para coñecernos mellor foi a da pelota o rematala tiñamos que construir entre todos e todas unha figura nun espazo reducido, de xeito que tiñamos que axudarnos para non abandonar dito espazo .O resultado foi o seguinte.
Mirade que divertido!
A entrevista
Outra das dinámicas que levamos a cabo na aula foi a entrevista. Para elaborar as preguntas empezamos xa nos equipos base e pola dinámica 1,2-4 cada grupo fixo as súas preguntas. Despois empeza a entrevista e será dun compañeiro/a do mesmo grupo e no sentido das agullas do reloj.
Cando a entrevista xa estivo feita cada alumno e alumna tivo que facerlle unha entradilla e unha despedida. Despois a pasou ao entrevistado ou entrevistada quen terá que correxila e dicir se está dacordo con ela.
E dimos un paso máis que foi presentar esa entrevista coma se fóramos reporteros/as que o día seguinte falan da entrevista feita e do que descubriron con ela .
Tarefa de coñecemento.
Neste enlace podedes ver como vaise a resenrrolar unha das tarefas de coñecemento.
Para resolver os problemas de mates este ano utlizamos a estructura de lápices ao centro.
Empezará un membro do equipo lendo un dos problemas a resolver, despois de lelo ten que expoñer ao grupo como o solucionarís el ou ela.
Os seus compañeiros e compañeiras teñen que dar a súa opinión e cando cheguen a unha unanimidade para a súa resolución colleran os lápices(utensilo de escritura) e cada un e cada unha o resolverá na súa libreta , ao rematar terán que comprobar o resultado que terá que ser exacto e o mesmo para todos os membros do grupo.
E moi importante que cada membro do grupo sexa capaz de explicar como se soluciona cada exercicio.
Cando se remata un problema os lápices voltan ao centro e o seguinte compañente do equipo pola dereita seguirá co seguinte problema e repetirase a operación.
E moi importante que todo o equipo saiba resolver os problemas xa que a súa correción na clase farase polo número ao azar.
Nos na aula temos un extra que é: si o compoñente do equipo o resolve ben terá unha recompensa, esta recompensa é para o grupo ,esta recompensa serán cartos que o final do trimestre poderan utilizalos no mercadillo trimestral.