miércoles, 23 de marzo de 2016

Virus perigoso

                                                                    O virus galego

En Galicia hai un virus moi perigoso, e viñeron dúas doutoras da facultade de medicina a saber se estábamos infectados.
Para iso realizamos dúas probas bastante fáciles e elas nos daban permiso para realizar a terceira e última proba.
A primeira proba consistía en ir correndo, pasar por debaixo das pernas dos compañeiros, coller unha letra e colocala nunha cortiza. Cando rematamos formamos moitas palabras con esas letras ata que dixeron tempo e cambiamos de proba.
A segunda proba consistía en coller unha tarxeta cunha parte do noso corpo, pasar por unha liña onde había un infectado e sen que nos contaxiase tiñamos que pasar ao outro lado da liña e colocar a tarxeta no lugar correspondente.
Finalizadas as dúas probas déronnos permiso para realizar a última e definitiva proba, que consistía en coller uns lazos escritos para completar o trabalinguas, cando o completábamos o practicábamos a dicilo moi rápido e ensinarllo ao outro grupo.
Dixéronnos que para desinfectarnos de todo tiñamos que falar e ler en galego.

Enma



No hay comentarios:

Publicar un comentario