martes, 22 de marzo de 2016

Matemáticas na Fundación Barrié

FUNDACIÓN BARRIÉ


O pasado venres 26 de febreiro, eu e máis todos os nenos e nenas de 5º da miña escola fomos visitar a Fundación Barrié, a participar nun proxecto de matemáticas con diferentes probas.
O edificio era moi grande e alto. A sala na que estábamos era moi ampla e tiña nove postos con diferentes probas matemáticas e un chico ou unha chica de monitor.
Para organizarse e facer todo rapidamente, dividiron os colexios en pequenos grupos e cando gritaban “cambio”, tíñamos que cambiar de posto.
A primeira proba que lle tocou ao meu grupo, foi unha na cal aprendemos trucos coa calculadora. Pero iso non é todo: xogamos cuns ordenadores a uns xogos de probabilidade e estatística, xogamos tamén con pentominós e tangram, observamos diferentes tipos de ilusións ópticas, resolvemos problemas de lóxica, fixemos figuras cunha especie de pentominós en 3D e xogamos cuns espellos facendo uns divertidos exercicios.

A min, faltoume por facer a última actividade pero aínda así, paseino moi ben!
Julia 5º

No hay comentarios:

Publicar un comentario