O virus galego
En Galicia hai un
virus moi perigoso, e viñeron dúas doutoras da facultade de medicina a saber se
estábamos infectados.
Para iso
realizamos dúas probas bastante fáciles e elas nos daban permiso para realizar
a terceira e última proba.
A primeira proba
consistía en ir correndo, pasar por debaixo das pernas dos compañeiros, coller
unha letra e colocala nunha cortiza. Cando rematamos formamos moitas palabras
con esas letras ata que dixeron tempo e cambiamos de proba.
A segunda proba
consistía en coller unha tarxeta cunha parte do noso corpo, pasar por unha liña
onde había un infectado e sen que nos contaxiase tiñamos que pasar ao outro
lado da liña e colocar a tarxeta no lugar correspondente.
Finalizadas as
dúas probas déronnos permiso para realizar a última e definitiva proba, que
consistía en coller uns lazos escritos para completar o trabalinguas, cando o
completábamos o practicábamos a dicilo moi rápido e ensinarllo ao outro grupo.
Dixéronnos que
para desinfectarnos de todo tiñamos que falar e ler en galego.
Enma