miércoles, 28 de diciembre de 2016

sábado, 19 de noviembre de 2016

Magosto 2016

 MAGOSTO EN CHANS 2016

O venres 11 de novembro, celebramos a festa do Magosto no cole: xogos populares, castañas asadas e chourizo con pan para todos e todas,


martes, 8 de noviembre de 2016

Samaín 2016: "arte e creatividade"

O alumnado de Chans sabe que existen artistas que utilizan o corpo das persoas para facer as súas creacións.
En Chans non quisemos ser menos e os nosos artistas diseñaron o maquillaxe para o Samaín deste ano.
Para elo antes se documentaron na nosa BiblioChans buscando información nos libros e internet.
Este é o resultado.

domingo, 29 de mayo de 2016

miércoles, 23 de marzo de 2016

Virus perigoso

                                                                    O virus galego

En Galicia hai un virus moi perigoso, e viñeron dúas doutoras da facultade de medicina a saber se estábamos infectados.
Para iso realizamos dúas probas bastante fáciles e elas nos daban permiso para realizar a terceira e última proba.
A primeira proba consistía en ir correndo, pasar por debaixo das pernas dos compañeiros, coller unha letra e colocala nunha cortiza. Cando rematamos formamos moitas palabras con esas letras ata que dixeron tempo e cambiamos de proba.
A segunda proba consistía en coller unha tarxeta cunha parte do noso corpo, pasar por unha liña onde había un infectado e sen que nos contaxiase tiñamos que pasar ao outro lado da liña e colocar a tarxeta no lugar correspondente.
Finalizadas as dúas probas déronnos permiso para realizar a última e definitiva proba, que consistía en coller uns lazos escritos para completar o trabalinguas, cando o completábamos o practicábamos a dicilo moi rápido e ensinarllo ao outro grupo.
Dixéronnos que para desinfectarnos de todo tiñamos que falar e ler en galego.

Enma



martes, 22 de marzo de 2016

Matemáticas na Fundación Barrié

FUNDACIÓN BARRIÉ


O pasado venres 26 de febreiro, eu e máis todos os nenos e nenas de 5º da miña escola fomos visitar a Fundación Barrié, a participar nun proxecto de matemáticas con diferentes probas.
O edificio era moi grande e alto. A sala na que estábamos era moi ampla e tiña nove postos con diferentes probas matemáticas e un chico ou unha chica de monitor.
Para organizarse e facer todo rapidamente, dividiron os colexios en pequenos grupos e cando gritaban “cambio”, tíñamos que cambiar de posto.
A primeira proba que lle tocou ao meu grupo, foi unha na cal aprendemos trucos coa calculadora. Pero iso non é todo: xogamos cuns ordenadores a uns xogos de probabilidade e estatística, xogamos tamén con pentominós e tangram, observamos diferentes tipos de ilusións ópticas, resolvemos problemas de lóxica, fixemos figuras cunha especie de pentominós en 3D e xogamos cuns espellos facendo uns divertidos exercicios.

A min, faltoume por facer a última actividade pero aínda así, paseino moi ben!
Julia 5º

domingo, 6 de marzo de 2016

Visita de Ledicia Costas

                                                                   LEDICIA COSTAS

O outro día, foi ao noso cole a escritora: Ledicia Costas: unha escritora sensacional, de media estatura, lista, rubia e guapa.
O que máis me gustou dela e o que respondía cando lle preguntabas algo tiña sentido.
Con ela pasámolo moi ben, rimos moito e gozamos da experiencia. Nós preguntabámoslle algo e ela sabía responder ao segundo, sen inventarse as cousas nin nada, e iso foi unha cousa que me gustou moitísimo dela.
Falando máis das cousas persoais, díxonos que de pequena gustábanlle moito as cousas de medo, coma as pantasmas e iso sorprendeunos moito a todos porque ten a voz moi fráxil, como de nena e non aparentaba que lle gustasen esas cousas. Tamén nos dixo que meteu as receitas no seu libro porque a ela encántalle comer cousas doces e de chocolate, coma os brownies de chocolate, ou os caracois de chocolate…
Creo que esa experiencia encantounos a todos e estaría moi ben poder repetila para o ano que ven.


Escrito por: Roberto 5ºA         




jueves, 3 de marzo de 2016

Chans con Rosalía Castro

CHANS CON ROSALÍA DE CASTRO

Coma en anos anteriores, as bibliotecas escolares galegas súmanse á celebración do aniversario de Rosalía de Castro, o día 24 de febreiro, unha das datas sinaladas no "calendario da lectura" de todos os galegos/as- Neste 2016 cúmprense os 153 anos da publicación de Cantares Gallegos, libro fundamental para as xentes, a lingua e a cultura de Galicia. O noso colexio  sumouse  a esta homenaxe facendo un acto conxunto ás 12:.00 horas.
 
 

domingo, 7 de febrero de 2016

Entroido 2016

Esta é unha breve mostra do Entroido este ano.

Seguindo as pautas do noso proxecto de centro: "En Chans Contamos todos/as" no Entroido contamos......CONTOS

En Chans Contamos contos: Alicia en el país de las maravillas

A nosa actuación.



Estivemos estupendos/as!

jueves, 21 de enero de 2016

O festival

O 18 de decembro celebramos o festival de Nadal . Unha morea de actuacións para darlle a benvida ao Nadal e unha actuación moi emotiva para despedir a Fidel,. Aqui tendes a canción que lle dedicamos a este gran mestre e persoa. Grazas Fidel 

miércoles, 20 de enero de 2016