jueves, 19 de enero de 2017

Visita ao concello de Vigo

                                         Visita ao concello de Vigo

O pasado mércores 11 de xaneiro de 2017, o alumnado de 6º de primaria, fixo unha visita á casa do concello de Vigo.
Visitaron a lonxa, a sala de prensa, o salón de plenos, o laboratorio, o salón de danza e o centro de control da policía.
Primeiro visitaron a lonxa, que é o lugar onde esta o padrón e tamén onde a xente vai pagar os seus impostos como a luz, a auga, etc.
A sala de prensa contaba cunhas butacas onde só os periodistas podían sentarse, unha mesa alongada onde estarían os principais representantes desa noticia e un atril. Tamén lles chamou a atención que a sala estivera pintada de cor celeste, e dixéronlles que era para que a xente destacara máis na televisión.
No salón de plenos explicáronlles que era o lugar onde se tomaban e se debatían as decisións para a cidade.
O curso de 6ºA no laboratorio visitaron a sección de microbioloxía, onde lles ensinaron a cultivar bacterias e saber encontralas.
No salón de danza unhas señoras de aproximadamente 65 anos de idade ensináronlles como bailaba unha muiñeira.
Por último visitaron o centro de control da policía onde viron todas as cámaras da cidade e o control dos semáforos.

 Gustoulles moito a excursión!
Iago, Lucas, Carmen y Emma. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario