jueves, 19 de enero de 2017

Visita ao concello de Vigo

                                         Visita ao concello de Vigo

O pasado mércores 11 de xaneiro de 2017, o alumnado de 6º de primaria, fixo unha visita á casa do concello de Vigo.
Visitaron a lonxa, a sala de prensa, o salón de plenos, o laboratorio, o salón de danza e o centro de control da policía.
Primeiro visitaron a lonxa, que é o lugar onde esta o padrón e tamén onde a xente vai pagar os seus impostos como a luz, a auga, etc.
A sala de prensa contaba cunhas butacas onde só os periodistas podían sentarse, unha mesa alongada onde estarían os principais representantes desa noticia e un atril. Tamén lles chamou a atención que a sala estivera pintada de cor celeste, e dixéronlles que era para que a xente destacara máis na televisión.
No salón de plenos explicáronlles que era o lugar onde se tomaban e se debatían as decisións para a cidade.
O curso de 6ºA no laboratorio visitaron a sección de microbioloxía, onde lles ensinaron a cultivar bacterias e saber encontralas.
No salón de danza unhas señoras de aproximadamente 65 anos de idade ensináronlles como bailaba unha muiñeira.
Por último visitaron o centro de control da policía onde viron todas as cámaras da cidade e o control dos semáforos.

 Gustoulles moito a excursión!
Iago, Lucas, Carmen y Emma. 


miércoles, 18 de enero de 2017

UNHA FESTA INOLVIDABLE

O pasado 21 de decembro do 2016 celebrouse unha festa para non esquecerse dela…  O Nadal!
Grandes y atrevidos artistas ofrecéronnos unhas cantigas moi navideñas e incluso dous obras de teatro que se chamaba: “Cando Martiño tivo que mexar na noite de Reis” e “Unha manchea de cores”.
Os nenos/as de 6ºA presentaron as actuacións de todas as aulas con moita alegría e enerxía pero iso si, un pouco nerviosos/as porque fora a súa primeira vez. Grandes e fortes aplausos inundaron o pavillón de Chans que xa lles quedaba pequeno.
Comezaron coa benvida de sexto e proseguiu cos mais pequeniños da escola. Pais, nais, avós, avoas, etc… Viñeron a ver actuar aos seus familiares a este evento tan importante na escola.
Todos marcharon cun gran sorriso xa que todos e todas o pasaron moi ben .
                                                                         Bo Nadal!




Pablo, Laura, Julia