sábado, 10 de junio de 2017

visita do alumnado de 5 anos a nosas aulas.

O alumnado de 5 anos visitounos para contarnos todo o que sabían dos bichos palo.Viñeron en compañía de os trres bichos palo que teñen na súa clase.
A verdade é que foi moi interesante e aprendimos moitas cousas como:
-Que teñen que botar cun exprai auga na xaula para que podan beber
-que si se mollan xa non poden repreducirse
...........


jueves, 25 de mayo de 2017

VI concurso de fotografía creativa en Chans


Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes

Letras galegas 2017: coñecendo a Carlos Casares

O día 9 de maio o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo visitarou a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro.Moitas grazas a todos e todas



O coro das emocións en Santiago


Eva cóntanos a súa experiencia



A Viaxe De Eva


Noemí Collazo Rodríguez 6ºA

O pasado venres día 19 do mes de Maio, a mestra Eva veu á nosa aula a contarnos a súa experiencia no campo de refuxiados e a contestar a todas as nosas preguntas.

Según contou, foi a un campo de refuxiados en Grecia, onde ía moitísimo frío. A maioría do tempo estiveron, ela e máis outras persoas voluntarias, clasificando e empacando roupa e máis roupa. Estaban ata as 17:00h. traballando coa roupa e, a partir desa hora, xa podían saír e comer algo.

Alí antes a xente vivía en tendas de campaña, pero agora viven en containers, que son coma as mini-casas que saen nos programas televisivos, só que nestas vai máis frío. A medida que pasa o tempo a xente vai decorando a súa casa con fotografías e van facendo o que poden cos materiais que atopan por alí. Algúns ata se montan unha pequena cociña de leña e, co pouco que teñen, fan unhas comidas exquisitas.

Os voluntarios tamén móntanse unha pequena tenda de roupa con probadores e todo, para que os refuxiados poidan ir e mercar roupa. Como non teñen cartos, se lles proporciona unha moeda virtual chamada drops. A cada persoa se lle entrega unha cantidade de drops semanal para poder mercar o que precisan.

O máis duro de todo isto é escoitar as historias que conta a xente, todo o sufrimento que han pasado para chegar ata onde chegaron. Hai nenos e nenas que viaxan sós xa que quedaron sen familia e non hai ninguén máis para axudalos que Eva e os seus compañeirose compañeiras voluntarios coma ela.

O máis admirable desta xente é que non teñen medo ao que lles poida suceder mañá ou ao día seguinte, senón que están felices de haber chegado ata alí e de ver que hai xente coma Eva que está disposta a pasar frío e traballar duro para axudarlles a sobrevivir.


Esta xente só é culpable de nacer no lugar equivocado”, é a reflexión de Eva tras toda esta aventura.

martes, 23 de mayo de 2017

Andaina por Bembrive 2017

 
Coma todos  os anos no mes de maio organizamos as andainas pola nosa contorna. Este ano o alumnado de 6º visitou: a Entidade Menor,a igresa románica de Bembrive e a asociación cultural Helios.
 
 
 

miércoles, 26 de abril de 2017

Reflejarte 2017: Joan Jonas

Joan Jonas:  La artista estadounidense Joan Jonas (Nueva York, 1936), pionera en la práctica de la performance, el cine experimental y la vídeo-instalación, es la protagonista de esta muestra individual en la que cinco films basados en performances creadas durante los últimos quince años actúan de contexto de la nueva instalación, en parte producida por Joan Jonas sobre el terreno y para la que se ha inspirado en sus viajes más recientes y en su descubrimiento de Cantabria. Vídeo, dibujo, danza, poesía e historia del arte ocupan el centro de su práctica artística, inspirada muy a menudo en relatos populares, novelas o poemas.

Performance: Espectáculo de carácter vanguardista en el que se combinan elementos de artes y campos diversos, como la música, la danza, el teatro y las artes plásticas.





martes, 25 de abril de 2017

O día do libro

O luns 24 celebramos o día do libro na nosa escola e o fixemos cunha "cita cegas" cun libro.
De que xeito o fixemos: Cada neno e nena tivo que traer da súa casa un libro que lle gustara moito, logo na aula o tivo que empaquetar e decorar do xeito libre e o luns despois de meter estes libros nun saco nos xuntamos todo o alumnado de 6 e fumos escollendo libro.
Así cada un de nós levou para casa un libro para saborear. 






Faro da escola

Este ano tivemos dous premios o segundo a mellor entrevista e o terceiro ao mellor periódico, que gran traballo.








jueves, 16 de marzo de 2017

Con ollos de muller

CON OLLOS DE MULLER: 8 MARZO

Para commemorar o Dia Internacional da Muller, os nenos e nenas do CEIP de Chans Bembrive descubrimos disferentes manifestacións artísticas  a través dos ollos de  quince mulleres galegas.
Ademáis tamen poderás descubrir as manifestacións artísticas de cen mulleres galegas


miércoles, 8 de marzo de 2017

O alumnado de Chans participa en Ligamats 2017

O martes 7 de marzo o alumnado de sexto participó en Ligamats: Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición (Pentaminós, Tangrams...).
Participaron dous grupos un de 6ºA : Emma, Adrián, Roberto e Carlota
e de 6º B: Teo , Carlota, Sofía e Carla
O grupo de 6º B clasificouse para a fase final en Vigo e voltarán o martes 14.


NORABOA.


e aquí os tedes en plena acción.



viernes, 24 de febrero de 2017

Entroido 2017

"Con ollos de muller" a comparsa de terceiro de pimaria en homenaxe ás mulleres artistas do mundo , en ocasionas tan pouco nomeadas ou esquecidas.
Acompañados/as por cancións de mulleres como "Matriarcas de Guadi Galego,"Sacar la voz"de Anita Tijoux, "I will Survive " de Gloria Gaynor e "Como eu canto" de Ses,cancións elexidas pola súa  menxase,xa que nos pareceu que viñan moi a conto, fixeron a súa coreografía.








 E agora unha mostra de todas as comparsas de Chans que desfilaron con  moita Arte:
 "Os amigos do K", "Unha de romanos", "Con ollos surealistas", "Cabaliños na Noite estrelada", 
"Os nosos pintores", "As estacións " e "Con ollos de muller".



sábado, 11 de febrero de 2017

Mulleres que fixeron historia

Este lim vos vai axudar para o proxecto que estades facendo sobre as mulleres.



Mulleres que fixeron historia

jueves, 19 de enero de 2017

Visita ao concello de Vigo

                                         Visita ao concello de Vigo

O pasado mércores 11 de xaneiro de 2017, o alumnado de 6º de primaria, fixo unha visita á casa do concello de Vigo.
Visitaron a lonxa, a sala de prensa, o salón de plenos, o laboratorio, o salón de danza e o centro de control da policía.
Primeiro visitaron a lonxa, que é o lugar onde esta o padrón e tamén onde a xente vai pagar os seus impostos como a luz, a auga, etc.
A sala de prensa contaba cunhas butacas onde só os periodistas podían sentarse, unha mesa alongada onde estarían os principais representantes desa noticia e un atril. Tamén lles chamou a atención que a sala estivera pintada de cor celeste, e dixéronlles que era para que a xente destacara máis na televisión.
No salón de plenos explicáronlles que era o lugar onde se tomaban e se debatían as decisións para a cidade.
O curso de 6ºA no laboratorio visitaron a sección de microbioloxía, onde lles ensinaron a cultivar bacterias e saber encontralas.
No salón de danza unhas señoras de aproximadamente 65 anos de idade ensináronlles como bailaba unha muiñeira.
Por último visitaron o centro de control da policía onde viron todas as cámaras da cidade e o control dos semáforos.

 Gustoulles moito a excursión!
Iago, Lucas, Carmen y Emma. 


miércoles, 18 de enero de 2017

UNHA FESTA INOLVIDABLE

O pasado 21 de decembro do 2016 celebrouse unha festa para non esquecerse dela…  O Nadal!
Grandes y atrevidos artistas ofrecéronnos unhas cantigas moi navideñas e incluso dous obras de teatro que se chamaba: “Cando Martiño tivo que mexar na noite de Reis” e “Unha manchea de cores”.
Os nenos/as de 6ºA presentaron as actuacións de todas as aulas con moita alegría e enerxía pero iso si, un pouco nerviosos/as porque fora a súa primeira vez. Grandes e fortes aplausos inundaron o pavillón de Chans que xa lles quedaba pequeno.
Comezaron coa benvida de sexto e proseguiu cos mais pequeniños da escola. Pais, nais, avós, avoas, etc… Viñeron a ver actuar aos seus familiares a este evento tan importante na escola.
Todos marcharon cun gran sorriso xa que todos e todas o pasaron moi ben .
                                                                         Bo Nadal!




Pablo, Laura, Julia