EDUCACIÓN
VIARIA
Hoxe
xoves oito de
outubro, viñeron dous
policías a dar unha
charla sobre “educación viaria”.
Explicaron que hoxe en
día, por precaución, en
moitas rúas so
se pode ir
a vinte kilómetros
por hora, como
hai que cruzar
no paso de
peóns e a
calcular cantos metros
por segundo recorre
un vehículo.
Dixeron que é
mellor ir a
menos de vinte
km por hora
xa que así
se se atropelase
a unha persoa,
o impacto sería
moito menor ca
o dun vehículo
que fose a
máis desa velocidade.
Cando explicaron
como había que
cruzar o paso
de peóns, fixeron
un exercicio no
que había que
ordear as accións
para cruzar e
dixeron que primeiro
tiñamos que mirar,
logo escoitar, despois
mandar esa información
ao noso cerebro (pensar) e
logo cruzar. Tamén
dixeron que había
que cruzar sempre
amodo e poñerse
de forma en
que o vehículo
te vexa.
Noutro exercicio
leváronos fora do
colexio e cronometramos o
tempo que tardabamos
en cruzar a
rúa e o
tempo que tardaba
un coche en
chegar dun lugar
a outro para
que soubéramos onde
estaría o vehículo
e onde estariamos
nos despois de
ese tempo e
saber o perigo
que correríamos se
estiveramos moi preto
del.
No hay comentarios:
Publicar un comentario