lunes, 7 de noviembre de 2011

Dame vida

Este é o videoclip dunha campaña solidaria na que o deporte e os seus protagonistas xogan un papel moi importante.«Dáme vida» é un proxecto promovido por Huecco a través da súa fundación http://www.dame-vida.org/, e suporá unha acción benéfica sen precedentes que pretende mellorar as condicións de vida de persoas das zonas máis desfavorecidas do planeta. Cunha mensaxe clara para a mocidade: música e deporte unidos nunha causa benéfica de carácter mundial, o vídeo xira ao redor dunha pelota de fútbol moi especial que axudará a moitas familias no mundo levando a enerxía eléctrica aos seus fogares. Compartindo sorrisos no videoclip, Huecco contou coa colaboración de numerosos personaxes do mundo do deporte como Vicente del Bosque, David Villa, Sergio Ramos, Pepe Reina, Pau Gasol, Calderón, Jorge Lorenzo ou Kun Agüero, entre moitos outros.
Disfrutádeo


No hay comentarios:

Publicar un comentario