Noraboa a todoas a s familias que enviastedes as vosas fotos tomadas "Con ollos de artista" . Parabéns a Angel e Tomás por saber captar a maxia de eses instantes
OLA: Neste curso comenzamos unha nova aventura escolar: o 3ºciclo de primaria neste bloguepoderás seguir os contidos e a nosa andadura por 5º de primaria. Esperamos que con este blogue todo sexa mais doado para todos e todas. E para seguir os contidos de 6º de primaria diríxete a http://esteanoensexto.blogspot.com.es/
jueves, 25 de mayo de 2017
Letras galegas 2017: coñecendo a Carlos Casares
O día 9 de maio o alumnado do IES Carlos Casares de Vigo visitarou a nosa escola con actividades que nos axudaron a descubrir a vida e a obra de este gran persoeiro.Moitas grazas a todos e todas
Eva cóntanos a súa experiencia
A Viaxe De Eva
Noemí Collazo Rodríguez 6ºA
O pasado venres día 19 do mes de Maio, a mestra Eva veu á
nosa aula a contarnos a súa experiencia no campo de refuxiados e a contestar a
todas as nosas preguntas.
Según contou, foi a un campo de refuxiados en Grecia,
onde ía moitísimo frío. A maioría do tempo estiveron, ela e máis outras persoas
voluntarias, clasificando e empacando roupa e máis roupa. Estaban ata as
17:00h. traballando coa roupa e, a partir desa hora, xa podían saír e comer
algo.
Alí antes a xente vivía en tendas de campaña, pero agora
viven en containers, que son coma as mini-casas que saen nos programas
televisivos, só que nestas vai máis frío. A medida que pasa o tempo a xente vai
decorando a súa casa con fotografías
e van facendo o que poden cos materiais que atopan por alí. Algúns ata se
montan unha pequena cociña de leña e, co pouco que teñen, fan unhas comidas
exquisitas.
Os voluntarios tamén móntanse unha pequena tenda de roupa
con probadores e todo, para que os refuxiados poidan ir e mercar roupa. Como
non teñen cartos, se lles proporciona unha moeda virtual chamada drops. A cada persoa se lle entrega unha
cantidade de drops semanal para poder
mercar o que precisan.
O máis duro de todo isto é escoitar as historias que
conta a xente, todo o sufrimento que han pasado para chegar ata onde chegaron.
Hai nenos e nenas que viaxan sós xa que quedaron sen familia e non hai ninguén
máis para axudalos que Eva e os seus compañeirose compañeiras voluntarios coma
ela.
O máis admirable desta xente é que non teñen medo ao que
lles poida suceder mañá ou ao día seguinte, senón que están felices de haber
chegado ata alí e de ver que hai xente coma Eva que está disposta a pasar frío
e traballar duro para axudarlles a sobrevivir.
“Esta
xente só é culpable de nacer no lugar equivocado”, é a reflexión
de Eva tras toda esta aventura.
martes, 23 de mayo de 2017
Andaina por Bembrive 2017
Coma todos os anos no mes de maio organizamos as andainas pola nosa contorna. Este ano o alumnado de 6º visitou: a Entidade Menor,a igresa románica de Bembrive e a asociación cultural Helios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)