OLA: Neste curso comenzamos unha nova aventura escolar: o 3ºciclo de primaria neste bloguepoderás seguir os contidos e a nosa andadura por 5º de primaria. Esperamos que con este blogue todo sexa mais doado para todos e todas. E para seguir os contidos de 6º de primaria diríxete a http://esteanoensexto.blogspot.com.es/
jueves, 25 de mayo de 2017
Eva cóntanos a súa experiencia
A Viaxe De Eva
Noemí Collazo Rodríguez 6ºA
O pasado venres día 19 do mes de Maio, a mestra Eva veu á
nosa aula a contarnos a súa experiencia no campo de refuxiados e a contestar a
todas as nosas preguntas.
Según contou, foi a un campo de refuxiados en Grecia,
onde ía moitísimo frío. A maioría do tempo estiveron, ela e máis outras persoas
voluntarias, clasificando e empacando roupa e máis roupa. Estaban ata as
17:00h. traballando coa roupa e, a partir desa hora, xa podían saír e comer
algo.
Alí antes a xente vivía en tendas de campaña, pero agora
viven en containers, que son coma as mini-casas que saen nos programas
televisivos, só que nestas vai máis frío. A medida que pasa o tempo a xente vai
decorando a súa casa con fotografías
e van facendo o que poden cos materiais que atopan por alí. Algúns ata se
montan unha pequena cociña de leña e, co pouco que teñen, fan unhas comidas
exquisitas.
Os voluntarios tamén móntanse unha pequena tenda de roupa
con probadores e todo, para que os refuxiados poidan ir e mercar roupa. Como
non teñen cartos, se lles proporciona unha moeda virtual chamada drops. A cada persoa se lle entrega unha
cantidade de drops semanal para poder
mercar o que precisan.
O máis duro de todo isto é escoitar as historias que
conta a xente, todo o sufrimento que han pasado para chegar ata onde chegaron.
Hai nenos e nenas que viaxan sós xa que quedaron sen familia e non hai ninguén
máis para axudalos que Eva e os seus compañeirose compañeiras voluntarios coma
ela.
O máis admirable desta xente é que non teñen medo ao que
lles poida suceder mañá ou ao día seguinte, senón que están felices de haber
chegado ata alí e de ver que hai xente coma Eva que está disposta a pasar frío
e traballar duro para axudarlles a sobrevivir.
“Esta
xente só é culpable de nacer no lugar equivocado”, é a reflexión
de Eva tras toda esta aventura.
martes, 23 de mayo de 2017
Andaina por Bembrive 2017
Coma todos os anos no mes de maio organizamos as andainas pola nosa contorna. Este ano o alumnado de 6º visitou: a Entidade Menor,a igresa románica de Bembrive e a asociación cultural Helios.
miércoles, 26 de abril de 2017
Reflejarte 2017: Joan Jonas
Joan Jonas: La artista estadounidense Joan Jonas (Nueva York, 1936), pionera en la
práctica de la performance, el cine experimental y la vídeo-instalación,
es la protagonista de esta muestra individual en la que cinco films
basados en performances creadas durante los últimos quince años
actúan de contexto de la nueva instalación, en parte producida por Joan
Jonas sobre el terreno y para la que se ha inspirado en sus viajes más
recientes y en su descubrimiento de Cantabria. Vídeo, dibujo, danza,
poesía e historia del arte ocupan el centro de su práctica artística,
inspirada muy a menudo en relatos populares, novelas o poemas.
Performance: Espectáculo de carácter vanguardista en el que se combinan elementos de artes y campos diversos, como la música, la danza, el teatro y las artes plásticas.
Performance: Espectáculo de carácter vanguardista en el que se combinan elementos de artes y campos diversos, como la música, la danza, el teatro y las artes plásticas.
martes, 25 de abril de 2017
O día do libro
O luns 24 celebramos o día do libro na nosa escola e o fixemos cunha "cita cegas" cun libro.
De que xeito o fixemos: Cada neno e nena tivo que traer da súa casa un libro que lle gustara moito, logo na aula o tivo que empaquetar e decorar do xeito libre e o luns despois de meter estes libros nun saco nos xuntamos todo o alumnado de 6 e fumos escollendo libro.
Así cada un de nós levou para casa un libro para saborear.
De que xeito o fixemos: Cada neno e nena tivo que traer da súa casa un libro que lle gustara moito, logo na aula o tivo que empaquetar e decorar do xeito libre e o luns despois de meter estes libros nun saco nos xuntamos todo o alumnado de 6 e fumos escollendo libro.
Así cada un de nós levou para casa un libro para saborear.
Faro da escola
Este ano tivemos dous premios o segundo a mellor entrevista e o terceiro ao mellor periódico, que gran traballo.
miércoles, 22 de marzo de 2017
jueves, 16 de marzo de 2017
Con ollos de muller
CON OLLOS DE MULLER: 8 MARZO
Para commemorar o Dia Internacional da Muller, os nenos e nenas do CEIP de Chans Bembrive descubrimos disferentes manifestacións artísticas a través dos ollos de quince mulleres galegas.
Ademáis tamen poderás descubrir as manifestacións artísticas de cen mulleres galegas
Ademáis tamen poderás descubrir as manifestacións artísticas de cen mulleres galegas
miércoles, 8 de marzo de 2017
O alumnado de Chans participa en Ligamats 2017
O martes 7 de marzo o
alumnado de sexto participó en Ligamats: Ligamats é unha liga entre equipos de Centros que terán que
resolver problemas, xogos e actividades relacionadas cos talleres da exposición
(Pentaminós, Tangrams...).
Participaron
dous grupos un de 6ºA : Emma, Adrián, Roberto e Carlota
e de 6º B: Teo ,
Carlota, Sofía e Carla
O grupo de 6º B
clasificouse para a fase final en Vigo e voltarán o martes 14.
NORABOA.
e aquí os tedes en plena acción.
viernes, 24 de febrero de 2017
Entroido 2017
"Con ollos de muller" a comparsa de terceiro de pimaria en homenaxe ás mulleres artistas do mundo , en ocasionas tan pouco nomeadas ou esquecidas.
Acompañados/as por cancións de mulleres como "Matriarcas de Guadi Galego,"Sacar la voz"de Anita Tijoux, "I will Survive " de Gloria Gaynor e "Como eu canto" de Ses,cancións elexidas pola súa menxase,xa que nos pareceu que viñan moi a conto, fixeron a súa coreografía.
Acompañados/as por cancións de mulleres como "Matriarcas de Guadi Galego,"Sacar la voz"de Anita Tijoux, "I will Survive " de Gloria Gaynor e "Como eu canto" de Ses,cancións elexidas pola súa menxase,xa que nos pareceu que viñan moi a conto, fixeron a súa coreografía.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
