viernes, 13 de abril de 2012

Un século do afundimento do TITANIC

O afundimento do Titanic foi un dos acontecementos que máis conmocionou á opinión pública da época, sendo tamén un dos feitos que máis documentación xerou, en forma de libros, fotografías, películas, documentais, etc.

O majestuoso barco foi botado o 31 de maio de 1911, iniciando o 10 de abril de 1912 a viaxe inaugural entre Southampton e Nova York.

Na metade de Atlántico, o radiotelegrafista do Titanic recibiu o aviso doutro barco, o California, advertindo da presenza de icebergs nas proximidades. Ás 11,40 da noite, o vigía de proa deu a voz de alarma ante a presenza dunha xigantesca masa de xeo. A pesar dos intentos por variar o rumbo, era xa demasiado tarde, pois o Titanic navegaba a unha velocidade de 22 nós e medio.

O contacto coa proa produciu unha brecha xigantesca, pero non a alarma entre a pasaxe, pois a confianza no barco era absoluta. Rapidamente alagáronse os cinco primeiros compartimentos, construídos cunha abertura no seu parte superior. A pesar de dispor de bombas capaces de achicar a auga, o mando do buque decidiu utilizar as reservas de enerxía para manter a iluminación e a radio, en espera de auxilio. Foi unha decisión fatal, pois a auga avanzaba rapidamente, facendo afundir 4 metros a proa do barco.

Namentres, a tripulación intentaba acondicionar á pasaxe nos botes salvavidas, só suficientes para a metade dos pasaxeiros. Ademais, o pánico provocou que non se ocupasen moitas das prazas previstas, permanecendo no barco 1.513 persoas unha vez que foron baixados todos os botes.

Ás dúas da madrugada, o Titanic partiuse en dous grandes anacos



miércoles, 11 de abril de 2012

A constitución española

Coñece a constitución española, tamén axudarate a aprender as comunidades.

Aprendiz de mago

Neste xogo terás que estar moi atento para poder obter o título de Mago profesional.




lunes, 2 de abril de 2012

Xogo para o terceiro ciclo de primaria

Formade dous equipos,e logo xa podedes empezar a xogar.
Neste xogo repasaredes conceptos de todas as asignaturas.

jueves, 29 de marzo de 2012

lunes, 19 de marzo de 2012

19 de marzo bicentenario de "La pepa"(1812) .

O asedio francés da cidade de Cadiz comezou o 5 de febreiro de 1810 e resistiu ata o 24 de agosto de 1812. As tropas francesas -60 000 soldados- eran comandados polo mariscal Claude Victor. Durante os dous anos e medio de asedio, as Cortes Xerais o goberno de Cadiz elaboraron a Constitución de 1812 para reducir o poder da monarquía e abolir o antigo réxime;coñecida como"LA PEPA", a Constitución será revocada por Fernando VII.

martes, 6 de marzo de 2012

Unha homenaxe a poesía de Rosalía

Escribir en galego no século XIX, é dicir, na época na que viviu Rosalía, non resultaba nada fácil. A lingua galega estaba desprestixiada socialmente e Rosalía, co seu libro "Cantares Galegos", devolveulle a importancia que tivera en épocas anteriores.
Por iso, cada 24 de Febreiro lembramos o seu nacemento e o seu compromiso coa lingua galega . Ler a súa obra é unha boa maneira de renderlle homenaxe.




domingo, 22 de enero de 2012

Descubre Galiza

Actividades para coñecer a Galicia: monumentos, lugares...
Dous niveis.


lunes, 19 de diciembre de 2011

Cen anos con Álvaro Cunqueiro



Entre eses autores de cabeceira, dos que non che cansas xamais, porque son tan polifacéticos que mergullándote na súa obra sempre atopas o que buscas, está Álvaro Cunqueiro, novelista, poeta, xornalista, dramaturgo, ademáis de famoso e entusiasta gastrónomo.
Coma todos os grandes posuía un vasto e diverso universo propio, que queda reflectido nas súas creacións, onde teñen cabida o mítico, o máxico, o lírico, o cotián...
Difícil recomendar unhas poucas obras dun dos xenios da literatura galega, así que para axudarvos a decidir por onde comenzades a lelo ou a renovar a súa lectura temos a presentación de Elvira Roiz.